El Salvador vive una época moi complexa na que, coa excusa da seguridade, multiplícanse as violacións dos dereitos humanos. Dende que en 2022 Nayib Bukele decretara o rexime de excepción, documentáronse unhas 7.000 violacións de dereitos humanos relacionadas con detencións arbitrarias, límites á liberdade de expresión, de asociación e de prensa.
O Gobierno concentrou o poder, debilitou institucións independientes e pechou o espazo para a participación cidadá. El Salvador non conta con ningunha institución estatal independente que garanta a protección ante abusos policiais ou a criminalización da sociedad civil.
Neste contexto, o presidente de El Salvador promove agora unha lei que reterá o 30% das doazóns que reciban as ONG. Unha decisión que tomou logo de que a policía militar reprimira violentamente unha manifestación pacífica contra un desaloxo inminete que afectaría a 300 familias campesiñas. Estes días, ademais, estanse a producir detencións de defensoras e defensores de dereitos.
Unha situación que preocupa ás organizacións que integran a Coordinadora Galega de ONGD -varias delas con estreitos lazos de cooperación con colectivos do país- e a todas as organizacións que formamos parte da Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo. Dende esta plataforma solicitamos de maneira urxente:
Á comunidade internacional a través das súas misións diplomática acreditadas en El Salvador, en particular España, realizar as xestións necesarias ante o Estado salvadoreño para deter a inminente aprobación da propuesta de Lei de Axentes Extranxeiros, incluíndo, se fora necesario, a paralización de calquera apoio financeiro ou cooperación bilateral canalizada de forma directa a este Estado.
Ás institucións e autoridades públicas responsables de garantir os dereitos humanos en El Salvador:
- Garantir o respecto aos dereitos e ao debido proceso do líder comunitario José Ángel Pérez, do avogado Alejandro Henríquez, da representante da sociedade civil Ruth López e de todas aquelas persoas que, no exercicio do seu dereito a defender dereitos, están sendo xudicializadas.
- Asegurar o exercicio pleno do dereito á asociación, liberdade de expresión e a protesta pacífica, de acordo aos principios democráticos e aos tratados internacionais de dereitos humanos.