
Compostela co Sur Global
O mércores 29 de maio (16:30-18:30) podes acudir á actividade Compostela co Sur Global, organizada dentro do programa Compostela máis Solidaria, que a Coordinadora Galega de ONGD desenvove co apoio do Concello de Santiago a través da UAMI.
Compostela co Sur Global é un encontro con organizacións que impulsaron proxectos en diversos países co apoio da subvención municipal a iniciativas de cooperación ao desenvolvemento. Trátase de Asemblea de Cooperación pola Paz e a súa socia REDES (O Salvador), Solidariedade Internacional e a súa socia Siembra (Guatemala), Arquitectura sen Fronteiras, Fundación Vicente Ferrer, SED e PROYDE.
Poderás coñecer estes proxectos da man das profesionais galegas implicadas, pero tamén de compañeiras do Sur Global, que participarán en liña. E ver en que se materializan as axudas, con que criterios traballa a cooperación galega e como é a relación que establece coas súas socias ou contrapartes.
Para asistir, só tes que inscribirte aquí. Agardámoste!