Claves e boas prácticas para unha correcta xestión orzamentaria e xustificación en proxectos de cooperación ao desenvolvemento

Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data inicio 07/10/2026 - Data fin 08/10/2026 Límite inscrición 15/09/2026 Modalidade Presencial Prezo Gratuíto Ver programa

A Coordinadora Galega de ONGD organiza este curso de boas prácticas que ten como obxectivo principal fortalecer as capacidades técnicas e amosar claves e boas prácticas para unha correcta xestión orzamentaria e xustificación en proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Celebrarase os días 7 e 8 de outubro na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Compostela.

O Curso diríxese de maneira preferente a ONGD socias da Coordinadora con menos percorrido ou aquelas que queiran compartir e aprender doutras experiencias de traballo. Tamén está orientado a equipos técnicos ou voluntariado de recente incorporación nas ONGD galegas.

Pódeste inscribir clicando aquí

A inscrición está aberta tamén a persoas a título individual e/ou entidades non socias pero no caso de que as inscricións superen o número de prazas priorizarase ás ONGD socias da Coordinadora.

Impartirán as sesións tres organizacións con ampla experiencia en cooperación ao desenvolvemento e traballo con financiadores galegos, como Asemblea de Cooperación Pola Paz, Solidariedade Internacional de Galicia e Ayuda en Acción.

Tes toda a información ampliada aquí