Inauguración da exposición “De la tierra al refugio”

Lugar MUNCYT (A Coruña) Organiza Axuda en Acción e Universidade da Coruña Data: 20/06/2026

O sábado 20 de xuño (11:00) inaugúrase no MUNCYT da Coruña a exposición “De la tierra al refugio”, que amosa, a través da mirada do fotógrafo Juan Luis Rod e da arquitecta Patricia Muñiz, a crise en Cabo Delgado (Mozambique) e o impacto dos refuxios resilientes, combinando investigación e acción humanitaria sobre o terreo. Haberá unha pequena presentación inicial, cunha mesa redonda e un percorrido pola exposición.