Compostela acolle en setembro as Xornadas por unha Economía Global Xusta e Sostible

Celébranse os días 13 e 14 de setembro, ao fío do Cumio de Ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea, Latinoamérica e o Caribe que se celebra na cidade o día 15 dese mesmo mes.

Fonte: IPPDH

07 Agosto 2023 |

O 15 de setembro Santiago acollerá un Cumio de Ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea, Latinoamérica e o Caribe. Esta xuntanza desenvólvese no marco da presidencia española do Consello da Unión Europea. E supón unha moi boa ocasión para reivindicar unha economía global máis xusta e sostible.

Con esa idea, a Plataforma de Empresas Responsables (PER) organiza os días 13 e 14 unha proposta paralela coa que colaboramos dende a Coordinadora Galega de ONGD. Trátase dunhas xornadas que teñen entre os seus obxectivos instar ao Goberno de España a que lidere a aprobación definitiva da Directiva Europea sobre Debida Dilixencia das Empresas.

 

Que é iso da debida dilixencia?

Debida dilixencia é un concepto que fai referencia ao compromiso real das empresas -a través de procedementos concretos e eficaces- de erradicar de toda a súa cadea de produción, en calquera lugar, aquelas prácticas que afondan na falta de dereitos e desigualdades. Como, por exemplo, degradación medioambiental ou traballo infantil. Aquí tes unha explicación detallada e documentada.

Un dos obxectivos destas xornadas que se celebran en Compostela é, precisamente, poñer o foco na necesidade de aprobar definitivamente a directiva europea. Algo que podería facerse co impulso do Goberno de España, no contexto da súa quenda de presidencia do Consello da UE.

 

O PROGRAMA DAS XORNADAS

 

Mércores 13 de setembro 

19:30, Numax – Documental ” A ilusión da abundancia” e faladoiro con defensoras de dereitos humanos.

  • Por cuestións de capacidade da sala, é preciso rexistrarse previamente a través deste enlace empregando a opción “mercar entrada”, que será de balde.

 

Xoves 14 de setembro 

 

10:00-13:00, facultade de Filosofía – Xornadas de debate “Empresas europeas en América Latina: retos e oportunidades para a sostibilidade social e ambiental”

  • Podes coñecer o programa detallado e as relatoras da xornada clicando aquí.

18:00, Alameda – Acto reivindicativo coa Estatuta da Inxustiza, con lectura dun manifesto e círculo do silencio.

Todas as actividades son gratuítas e abertas ata completar a capacidade dos espazos

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: