Unha conversa para coñecer de primeira man a acción da cooperación galega no Sur Global

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, recibiu ao líder comunitario Damián Vail, con quen puido saber máis sobre a acción da cooperación galega en Guatemala.

Fonte: IPPDH

01 Novembro 2024 |

Estes días estivo en Galicia Damián Vail, un estreito colaborador da cooperación galega en Guatemala.

A súa estancia permitiu diversos encontros e un deles tivo lugar na consellería de Presidencia, onde puido explicar de primeira man en que se traduce, na vida real, a existencia dunha política pública de cooperación e a labor das organizacións que traballan na cooperación galega.

Un encontro -no que tamén estiveron Lara Medín, de Arquitectura sen Fronteiras, e a presidenta da Coordinadora, María Paz- moi enriquecedor, xa que non sempre é posible ter a posibilidade dunha conversa con alguén que vive e traballa no Sur Global e que, dende hai tanto tempo, forma parte de proxectos de desenvolvemento e do activismo e a loita polos dereitos humanos.

Quen é Damián Vail e cal é o seu vínculo coa cooperación galega?

Damián Vail é un líder comunitario indíxena da etnia Mam, con máis de 35 anos de experiencia de traballo en organizacións comunitarias de base loitando polas poboacións máis vulnerables de Guatemala.

Tamén un activista na loita pola terra e defensa dos dereitos dos pobos indíxenas do país. No eido da Cooperación Galega conta con máis de 15 anos traballando en proxectos de desenvolvemento, de par de organizacións como Arquitectura sen Fronteiras a través da Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desenvolvemento Integral (ASIAPRODI) .

Precisamente Damián Vail aproveitou este encontro co conselleiro Diego Calvo e o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, para dar a coñecer o proxecto de Asiaprodi que está a ser executado por Arquitectura sen Fronteiras xunto coa asociación Proyde.

Este proxecto ten como obxectivo acadar unha educación inclusiva, equitativa, de calidade, libre de discriminación, nunha contorna segura e nunhas infraestruturas apropiadas no municipio de Champerico. E esta xuntanza permitiu unha explicación profunda dos obxectivos, metodoloxías e filosofía deste proxecto, co incalculabe valor que ten recibila de primeira man.

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: