Foto de grupo dunha aula de nenas nunha escola de Honduras. Trátase dun proxecto de MeducosMundi, dentro do marco da cooperación galega

Cooperación galega: unha carreira de fondo

O 17 de outubro a Cidade da Cultura acolle este encontro co que celebrar, pero tamén coñecer en profundidade, a pegada das máis de tres décadas de traballo da cooperación ao desenvolvemento galega.

O sistema humanitario baixo ataque cando máis se necesita

No Día da Asistencia Humanitaria sumámonos a milleiros de voces e damos a voz de alarma: o incumprimento sistemático e impune do dereito internacional humanitario supón graves consecuencias sobre a vida de millóns de persoas e sobre toda a humanidade.