Quimberly Conda Quiguapumbo

Colombia

Activista ambientalista e líder comunitaria

Eva Carballo

Quimberly ten 20 anos e vive no refuxio indíxena Paez de Corinto-López Adentro, en Cauca, Colombia. Dende pequena, seus pais inculcáronlle a importancia de preservar a natureza e o ecosistema no que viven. Deste xeito, hai un ano converteuse en membro da xunta directiva do Cabildo indíxena e líder do comité económico ambiental.

Entre as súas principais tarefas está a  organización dos hortos escolares cos máis pequenos da comunidade e a supervisión dos cultivos de iuca, millo, feixón, plátano e plantas medicinais; todos sementados seguindo os saberes ancestrais da cultura nasa. “Fortalecendo eses procesos quereriamos, nun futuro non moi lonxano, que non tivésemos que ir ao pobo a por unha cebola, un tomate ou unha pataca, e así xerar unha economía propia para a subsistencia do noso territorio”, defende.

“Programamos xornadas nas que vamos cos estudiantes, que produciron abono orgánico e traballaron as sementes para que dean froitos ou medren árbores, a que fagan unha sembra colectiva e reforestemos a nosa terra; e acompañamos de danzas, purificación e rituais para pedir permiso aos espíritos, á vez que llo brindamos”

Ayuda en Acción apoia a comunidades indíxenas como a de Quimberley para garantir o seu papel protagonista no desenvolvemento sostible e a loita contra a crise climática. Mozas como ela lideran unha planta de transformación de caña panalera e unha extensa plantación de arroz orgánico no seu refuxio. Así, trabállase por evitar algunhas das principais ameazas que sofre a comunidade: o éxodo forzoso á cidade, o cambio climático, o recrutamento forzoso dos grupos armados e a perda dos seus saberes ancestrais.

É líder do comité económico ambiental e pertence á xunta directiva do Cabildo indíxena da súa comunidade, que conta co apoio da ONDG Ayuda en Acción.