Preséntase a Nova Carta Internacional de Comercio Xusto

Fonte: IPPDH

Fonte: Coordinadora Estatal de Comercio Justo

A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto presentou o 25 de setembro a Nova Carta Internacional de Comercio Xusto, un documento referendado por máis de 300 organizacións de todo o mundo que establece a necesidade de que os valores da xustiza, a equidade e o desenvolvemento sustentable estean no centro das estruturas e prácticas comerciais ante a crecente desigualdade global e a degradación do medio ambiente. A presentación realizouse coincidindo co terceiro aniversario da firma da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) por parte de Nacións Unidas.

Nas últimas décadas o comercio mundial creceu dúas veces máis rápido que a produción global, unha paradoxa que só beneficiou unha minoría. Mentres a economía global ofrece datos de crecemento, a desigualdade aumentou de forma excesiva: actualmente o 1% da poboación mundial posúe tanta riqueza como o resto de habitantes do planeta.

Doutra banda, o compromiso establecidos na Axenda 2030 das Nacións Unidas non están a avanzar o suficiente. “Mesmo, nalgúns aspectos como a desigualdade ou a fame estamos a ir cara atrás”, afirmou Juan José Martínez, presidente da Organización Mundial do Comercio Xusto.

Ante esta realidade, o movemento do Comercio Xusto presentou a Nova Carta de Comercio Xusto, para que “as necesidades das persoas e o medio ambiente sexan a prioridade fronte á maximización dos beneficios económicos” declarou Juan José Martínez, quen instou a “representantes políticos, empresas, organizacións sociais e á cidadanía a adoptar a visión da Carta de Comercio Xusto e así favorecer un sistema comercial que non deixa a ninguén atrás”.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: