Técnica/o de proxectos de Educación para a Cidadanía Global
Convoca Axuda en Acción Lugar A Coruña Fin de prazo 15/08/2024
Axuda en Acción abre un proceso de selección para unha técnica ou técnico de proxectos de Educación para a Cidadanía Global na Coruña, con posibilidade de teletraballo parcial.
A ONGD ofrece incorporación en setembro de 2024 a xornada completa, durante un ano.
Tes toda a información sobre o posto de traballo, as súas condicións e requisitos na web de Axuda en Acción, á que podes acceder dende aquí. Dende ela poderás tamén enviar a túa solicitude.