A cuarta edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global amplía o seu prazo de admisión de propostas ata o venres 17 de abril ás 23:59.
Deste modo, os centros de ensino e universidades que apuran as horas deste 7 de abril para presentar os seus proxectos dispoñen de tempo de calidade para facelo con máis calma. E aqueles que chegaron ao límite de prazo sen tempo suficiente dispoñen dunha oportunidade de non quedar fóra da convocatoria.
As bases e o procedemento para presentar candidaturas son os mesmos, pero cambiando a data límite do luns 7 de abril pola do venres 17 de abril ás 23.49:
Tralo peche de admisión de propostas comezará a deliberación do xurado. A previsión é que no mes de maio coñezamos a lista de proxectos e centros galardoados, que recibirán o correspondente recoñecemento nunha gala que se celebrará en Compostela no mes de xuño, antes do remate do curso escolar.
Como xa acorreu o ano pasado, o Premio contempla unha viaxe a a proxectos de cooperación en Guatemala para dous docentes responsables de cada proposta galardoada, ademais de diplomas para o estudantado e un distintivo para o centro.

