Fonte: Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

O consumo de Comercio Xusto creceu un 8% no último ano, segundo constata o último informe do sector elaborado pola Coordinadora Estatal de Comercio Justo. A alimentación continúa a ser a protagonista do Comercio Xusto e representa o 94% das vendas. O grupo de produtos máis vendidos foron o azucre e derivados que xeran o 41% da facturación. O café, cun 37% das vendas, foi tradicionalmente o produto estrela e este ano sitúase en segundo lugar. Outros produtos de alimentación que tamén gañan peso na cesta da compra de Comercio Xusto son os té e infusións, bebidas, froitos secos, snacks e cereais. Doutra banda, a artesanía mantense respecto ao ano anterior, cun 4’8% das vendas. Neste subsector, os produtos téxtiles rexistrado un aumento. Por último, os artigos de cosmética e hixiene descenden o seu peso relativo no global, ao 1’3%.
Supermercados e grandes superficies posiciónanse como o principal espazo de consumo do Comercio Xusto e gañan peso no mercado, xerando o 40% das vendas. Séguelle a denominada canle “HORECA” (hostalería, cátering e restauración), co 36%. En terceiro lugar atópanse os establecementos comerciantes polo miúdo que xeran un 21% das vendas, dous puntos menos que o ano anterior, caída que se concentra nas tendas especializadas en Comercio Xusto. Pola súa banda os herbarios e outras tendas de produtos ecolóxicos aumentan lixeiramente o seu peso comercial. O resto de canles de venda son outros de menor importancia cuantitativa, como as vendas directas a empresas ou a administracións públicas, que representa un 0’39%.
A pesar do reducido da cifra, representa un aumento. “Esperamos que a aprobación da Lei de Contratos do sector público de novembro do 2017 e entrada en vigor en marzo 2018 aposte realmente pola contratación pública ética cumprindo co compromiso e o papel exemplarizante que as administracións deben ter no respecto aos dereitos humanos e o medio ambiente”, afirmou García de Vinuesa.
Pese ao aumento das vendas, o Estado español continúa á cola en relación cos estados europeos onde a media de consumo de Comercio Xusto por persoa en 2017 foi de 14’1 euros , moi por debaixo dos 0’93 euros no Estado. Os estados europeos onde o Comercio Xusto está máis presente son Suíza (63 euros por persoa/ano). En canto á orixe dos produtos, as organizacións importadoras da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto manteñen unha relación comercial directa con máis de 200 organizacións de 39 países. En canto ao impacto económico do noso mercado, o 62% vai a América Latina, o 21% queda en Asia e o 17% en África. Ecuador e Paraguai son os países que máis azucre de Comercio Xusto fornecen e o café provén de Uganda, Etiopía e Tanzania (por esta orde de importancia). De Asia o máis vendido é o té de Sri Lanka e o arroz de Tailandia.
Neste enlace>>>> podedes acceder ao informe completo.