Margarita Alemán

Guatemala

Lideresa comunitaria e activista polos dereitos das mulleres

imaxe cedida por Educo

Margarita é unha muller guatemalteca, da etnia maya kiché, que reside na poboación Semejá III do municipio de Chichicastenango en Guatemala. Orfa de nai e pai dende tempérana idade po mor do conflito armado que asolou o país dende 1960 ata 1996, tivo que enfrontarse a moitos retos dende moi xove. 

Sen apenas educación, aos 13 ano, emigra á capital do país na procura de traballo. Alí, acaba empregada como traballadora doméstica e é, grazas ao apoio dunha familia, que consegue estudar todo o nivel primario no Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica. Alí aprende a ler e escribir xa a idade adulta. 

Deixa a capital e é entón cando Margarita entra en contacto con distintas entidades coas que colabora e coas que consegue melloras para a súa familia e toda a súa comunidade. Destas colaboracións consegue continuar formándose tanto no que ao coñecemento dos dereitos da poboación indíxena se refire, como en técnicas e novas formas de cultivo respectuosas co medio ambiente e que procuran garantir a soberanía alimentaria da súa comunidade.

Hoxe Margarita, casada e con catro fillos, é agricultora e líder de 55 mulleres da súa comunidade. Tamén, forma parte da Asociación de Agricultores Jopuq’ Winaq, representando á parte feminina da comunidade que tanto tempo pasou invisibilizada e sometida.

Na súa loita polo bo vivir, comprometeuse coa importancia da educación para o progreso das sociedades e busca defender a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. O seu sono é que a mulleres da súa comunidade e do seu país traballen organizadas e unidas para mellorar as condicións de vida da poboación indíxena en Guatemala

Margarita é agricultora e líder de 55 mulleres da súa comunidade. Tamén, forma parte da Asociación de Agricultores Jopuq’ Winaq, representando á parte feminina.