Libros que abren fiestras ao mundo

Na semana dos libros recomendamos algunhas lecturas que nos axudarán a entender un pouco mellor o mundo no que vivimos

Fonte: IPPDH

23 Abril 2025 |

Recomendamos algúns libros que abren as nosas mentes a un mundo diverso, cruel, fermoso e vibrante. Animámoste a adentrarte nas súas páxinas! Deixamos unha chea de ensaios e novelas para gozar da semana da literatura.

El mundo después de Gaza (Pankaj Mishra): Un ensaio poderoso, conciso e directo no que o autor aborda as cuestións que a nosa crise actual plantea: importan máis unhas vidas que outras? Como se constrúe a identidade nas nosas sociedades multiculturais?

Esa herida llena de peces (Lorena Salazar Masso): Unha historia sobre o enraizamento, o medo e a maternidade nun contexto de violencia nos perigos da selva colombiana. A través do lirismo da súa prosa, Lorena Salazar Masso crea unha atmosfera adictiva e transpórtanos a un mundo ás veces onírico e outras descarnadamente realista no que a tenrura e a beleza das imaxes nos salpican.

Notas al pie de Gaza (Joe Sacco): Enterrado nos arquivos da historia do conflito palestino atópase un episodio tráxico: en 1956 máis de cen palestinos foron asasinados por soldados israelís. E semella que o suceso pasou desapercibido a nivel internacional, quedando relegado a unha nota ao pé nunha guerra indefinible. Nun intento por chegar á raíz do acontecido, Joe Sacco mergúllase na vida cotiá de Rafah e da súa cidade veciña, Khan Younis, destapando o ocorrido hai máis de cincuenta anos.

El verbo J (Claudia Hernández): Nesta novela, a autora adéntranos na historia de vida dunha persoa trans na súa viaxe por Guatemala e México ata chegar aos Estados Unidos. Os pronomes que acompañan a este verbo, ademais de dar nome aos capítulos da novela, son as voces dos distintos personaxes que participan nesta historia de ruptura pero tamén de liberación.

Tongolele no sabía bailar (Sergio Ramírez): En pleno século XXI, nunha Nicaragua na que se están a vivir revoltas populares brutalmente reprimidas polo goberno, apoiado no sinistro brazo executor do xefe dos servizos secretos, o inspector Dolores Morales debe enfrontarse, desde a distancia, con ese ser terrible alcumado Tongolele, responsable último do seu exilio en Honduras. Unha prosa que nos vai desvelando aos poucos un entramado cheo de secretismos.

A nosa lista sigue: toma nota!

Los pliegues de la cintura (Carlos Dada): Colección de crónicas que nos levan a través dun percorrido por Centroamérica, unha rexión a menudo esquecida e tan necesaria para todos os retos que encara a nosa sociedade. Historias que narran países e que foron recollidas en casas, valles, volcáns ou montañas onde transcorre a vida centroamericana de costas ao Estado.

Quitapenas (Anthony Brown): Nos países latinoamericanos é tradición deixar un boneco Quitapesares debaixo da almofada para que garde os nosos medos e pesares. Esa costume ancestral inspirou ao autor para crear este clásico da literatura infantil.

Sustancia de hígado (Michele Recino): Un libro de contos que nos adentra nas violencias que parecen terse asentado no mundo actual. Bebés mercados a nais pobres para convertelos en reclamos publicitarios, empresas que se lucran da dor das vítimas de violación, rapazas desaparecidas que saen no xornal coma se fosen modelos.

Se quedas con fame de máis libros, podes atopar outras moitas recomendacións aquí.

Feliz Día do Libro e felices novas lecturas! ☺

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: