Día das persoas cooperantes: un traballo esencial na construción da paz, a xustiza social e a acción humanitaria

Fonte: IPPDH

08 Setembro 2025 |

As cifras son arrepiante. Segundo datos das Nacións Unidas, máis de 300 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria debido a conflitos e ao impacto da emerxencia climática. Como consecuencia diso, máis de 120 millóns víronse obrigadas a abandonar os seus fogares; máis da metade son mulleres e nenas que afrontan maiores riscos e, ao mesmo tempo, son clave para a construción da paz. A ONU denuncia que actualmente arredor de 473 millóns de nenos e nenas, máis dun de cada seis en todo o mundo, viven en zonas de conflito.

Neste contexto, cando máis se precisan as políticas en defensa dos dereitos humanos, da paz e da cooperación para o desenvolvemento, máis se están reducindo. Segundo o último informe do CAD sobre Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), por primeira vez desde 2017 os fondos globais descenden máis dun 7%. A  AOD española, a pesar dun lixeiro aumento, continúa lonxe dos seus compromisos: cun 0,25% da RNB destinada a esta política pública, segue moi por debaixo da media europea (0,47%) e afastada da senda marcada pola Lei de Cooperación, que establece o 0,7% para 2030. Os compromisos mostrados polo Goberno na IV Conferencia sobre Financiamento para o Desenvolvemento, celebrada en Sevilla o pasado mes de xuño, deben materializarse de forma inmediata. A cooperación descentralizada tamén se atopa en niveis preocupantes que deberían reverterse.

Un traballo en defensa dos dereitos humanos e da paz

Nesta situación mundial, o traballo que realizan as organizacións dos países co apoio da cooperación internacional e das persoas cooperantes é esencial para facilitar o acceso á axuda humanitaria e contribuír á cohesión social, á protección da poboación civil e á garantía dos dereitos.

O traballo das persoas cooperantes en países que sofren graves conflitos, como Sudán do Sur, Ucraína, Siria, Iemen, Palestina, a rexión do Sahel ou Centroamérica, é fundamental. A cooperación para o desenvolvemento fortalece a prevención de conflitos, contribúe á reparación do tecido social, promove unha paz duradeira a través da participación, da xustiza, da cohesión social e da protección dos dereitos.

Un labor que tamén é moi relevante en lugares nos que se require un acompañamento no reforzo de políticas públicas que garantan a saúde, a igualdade entre homes e mulleres, a educación, a calidade democrática ou a acción fronte á emerxencia climática.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: