A Xunta de Galicia vén de publicar unha convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento.

O obxecto destas bolsas é a formación de persoal especializado en materia de cooperación para o desenvolvemento e os destinos para a formación serán na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, ou nas Oficinas da Cooperación Española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

As actividades de formación desenvolveranse ao longo dos anos 2025 e 2026, cunha duración máxima de doce meses, entre os meses de outubro de 2025 e setembro de 2026. O importe da bolsa será de 1.350 euros brutos/mes máis gastos de viaxe, no caso de que os destinos sexan no exterior e de 1.100 euros brutos/mes no caso de que os destinos sexan na sede da Dirección Xeral en Santiago de Compostela.

Toda a información sobre documentación, requisitos e prazos está dispoñible premendo nesta ligazón.