A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior cunha dotación de 90.000 €.
Segundo a orde publicada, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos 12 meses que teñan por obxecto fortalecer ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio.
Toda a información da convocatoria está dispoñible aquí.