Conferencia de Financiamento para o Desenvolvemento: preguntas e respostas

Sevilla acollerá a finais de xuño a IV Conferencia Internacional de Financiamento para o Desenvolvemento. Unha cita clave para garantir recursos suficientes que aseguren políticas xustas para todo o planeta.

Fonte: IPPDH

04 Febreiro 2025 |

Sevilla acollerá a finais de xuño de 2025 a IV Xornada de Financiamento para o Desenvolvemento (FfD4, nas súas siglas en inglés). E preguntaraste, en que me afecta isto? Pois en todo.

Porque a ambición política e os compromisos adoptados na FfD4 dependerán en gran medida da mobilización dos recursos necesarios para que avancemos cara un mundo seguro para a humanidade, onde poidamos vivir con dignidade e equidade respectando os límites dun planeta que xa demostrou que é finito.

E por que agora?

Porque non podemos agardar máis. Aínda que os Estados aumentan o seu gasto militar ou o uso de combustibles fósiles, e as grandes empresas e fortunas tributan moito menos do que deberían, calcúlase que a fenda de financiamento para acadar o cumprimento da Axenda 2030 pode ser de ata 4 billóns de dólares anuais. E lémbroche que estamos en 2025… Quedan cinco anos.

Pero, de onde sae a pasta?

Os cartos non se reparten ben 💰🌍 Hai moito diñeiro no mundo, pero utilízase en combustibles fósiles ou en armas en lugar de investir en medidas que reduzan a pobreza e o cambio climático. Son necesarios cambios na forma de recadar e utilizar o diñeiro para garantir máis igualdade e sustentabilidade. E, por suposto, é o momento de revisar as desigualdades estruturais, en todos os lugares, máis aínda nos espazos de decisión. A FfD4 non só consiste en mobilizar cartos, senón tamén en reformar a arquitectura financeira internacional. Isto, entre outras cousas, implica esixir responsabilidades históricas aos países do Norte global; e implica aplicar unha mirada decolonial ás desigualdades e crises que asolan  o mundo.

Os ricos e as grandes empresas deben pagar de forma xusta 🏦⚖️ Moitas empresas e persoas con grandes fortunas evitan pagar impostos xustos, mentres que os países máis pobres loitan por financiar os servizos básicos. Propoñemos a adopción dunha Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cooperación Fiscal Internacional e a garantía de sistemas tributarios progresivos e xustos que permitan abordar as desigualdades desde enfoques feministas e climáticos.

O sector privado debe actuar con responsabilidade 🏭🌱 Moitas empresas buscan beneficios sen preocuparse polo medio ambiente nin polos dereitos humanos. Quérese regular a súa actividade para que respecten as regras e contribúan ao desenvolvemento sostible sen prexudicar ás persoas nin ao planeta.

Hai que deixar de asfixiar coa débeda aos países pobres 📉🔗 Algúns países, na súa meirande parte do Sur global, están atrapados nun ciclo de débeda impagablea que lles impide medrar e investir en servizos públicos que garantan dereitos. Esiximos a cancelación de débedas inxustas e a creación de normas máis xustas.

O desenvolvemento debe ser sostible e xusto para todas as persoas 🌿💜 O financiamento para o desenvolvemento debe centrarse na loita contra a pobreza, a igualdade de xénero, na protección do medio ambiente e na construción de sociedades pacíficas, en lugar de beneficiar só a determinados sectores ou persoas. Necesítase un sistema financeiro internacional que garanta os dereitos humanos, guiado por un enfoque de coherencia política e respectuoso coas fronteiras planetarias.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: