Agareso

El Salvador

Mulleres lideresas pola defensa dunha vida libre de violencias nos departamentos de Cabañas e Cuscatlán (Fase II)

 

Fotografía dun proxecto de desenvolvemento de Asemblea de Cooperación pola Paz. Mercado de produtos da horta

Este proxecto ten como obxectivo principal contribuír á participación plena e efectiva das mulleres e á igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis da adopción de decisións na vida política, económica e pública, o que sen dúbida mellorará a súa calidade de vida.

Para iso fortaleceranse as capacidades de incidencia e participación cidadá de mulleres e mozas dos municipios rurais de Cabanas e Cuscatlán. Acompañaranse tamén as súas accións de incidencia local e rexistraranse as súas necesidades e reivindicacións, co fin de darlles visibilidade a través dos medios de comunicación e das redes sociais, nunha campaña de sensibilización que pretende contribuír á loita contra a ausencia do colectivo no sistema de representación social salvadoreño, mellorando o recoñecemento plural das diferenzas e o exercicio pleno e igualitario dos dereitos humanos.

Trátase dunha segunda fase do proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación en 2021 Mulleres lideresas pola defensa e pola sustentabilidade ambiental no Departamento de Cuscatlán , que Agareso desenvolveu desde a primavera de 2021 até a de 2022, man a man coa Asociación Colectiva Feminista para el Desarrollo Local (CEDL).

Este proxecto buscaba o fortalecemento dos liderados e da participación cidadá de mulleres ambientalistas salvadoreñas na promoción dos dereitos ambientais e na defensa do territorio dos municipios de Suchitoto, Candelaria e Tenancingo, a partir da contraloría social e da sensibilización ambiental comunitaria. A proposta sumaba, tamén, a promoción da participación das mulleres na defensa do Dereito Humano á Auga e á protección dos bens naturais.

Xeráronse Escolas de Formación Comunitarias sobre liderado, medioambiente e contraloría social e un grupo con intereses en comunicación e portavocía recibiu formación complementaria para xeración de contidos e incidencia, entre outras accións.

Sesión formativa sobre agroecoloexía con perspectiva de xénero da organización ACPP en El Salvador. Compostela máis Solidaria

 

O PROXECTO NUNS POUCOS DATOS

  • Mellorararanse as capacidades para o liderado e a participación social das mulleres organizadas nas comunidades rurais de Cuscatlán e Cabanas, especialmente no relativo á detección e atención ás violencias exercidas contra as mulleres.
  • Implementarase unha nova edición da Escola de Lideresas e actualizaranse os coñecementos legais ás lideresas que actualmente exercen como acompañantes en casos de violencia de xénero
  • Escola de Cultura Democrática para novas e adolescentes, na que poderán pór en práctica o seu liderado organizando 3 accións comunitarias de sensibilización contra a violencia contra as mulleres nas súas comunidades.

Agareso traballa de par de semblea da Asociación Femiisra para el Desarrollo Local, unha organización salvadoreña que traballa para fortalecer os movementos de mulleres e feministas como suxeito político con capacidade de incidencia para a promoción dos dereitos das mulleres, a equidade de xénero e a erradicación das desigualdades.

Desde que se constituíu, hai máis de vinte anos, ven promovendo a construción de procesos colectivos que contribúan ao logro dos dereitos das mulleres en diferentes ámbitos, propiciando o encontro entre organizacións de mulleres e feministas, así como con outros axentes da sociedade civil organizada e instancias do Estado.

O seu amplísimo traballo está a verse seriamente afectado polas políticas confrontativas que mantén o actual goberno salvadoreño coa Sociedade Civil, a todos os niveis políticos e administrativos.