Cantos sabes… do Salvador?

Centos delas apañan o curil, un molusco de cuncha similar á do berberecho que se cría na lama do río Lempa. Nunha xornada laboral, as curileras apañan unha media de cen curiles polos que reciben 5 dólares.

Nos mercados e restaurantes, o curil véndese a 1 dólar a peza, 16 veces máis do que se lles paga a elas. Ademais de agravar as vulnerabilidades económicas, este tipo de práctica global afianza as desigualdades entre quen produce e quen consume.

O Salvador leva 28 anos vivindo en democracia pero sen superar as secuelas de 50 anos de dictaduras militares e os 12 anos de conflito armado (1980-1992) que deixou, segundo as cifras oficiais, 75.000 mortes e 8.000 persoas desaparecidas. Hoxe, O Salvador ten unha das tasa de homicidios intencionados máis alta do mundo debido ao crime organizado.

Moitas das persoas migrantes que deixaron as súas comunidades fuxiron como consecuencia dos efectos do control territorial exercido por estas bandas delictivas e do impacto que teñen no dereito á vida, na integridade física e na liberdade de circulación en moitas zonas do país, segundo denuncia Amnistía Internacional.

Segundo o Informe sobre la Situación de Defensoras y Defensores de Derechos Humanos en El Salvador de Mondubat, as persoas defensoras de dereitos do Salvador sofren tres tipos de violencias: a violencia verbal e simbólica de parte da sociedade, ao non existir un recoñecemento xeral do labor das persoas defensoras de dereitos humanos; a violencia directa (verbal e física) exercida por axentes dos corpos de seguridade e distintas organizacións de caracter criminal; e a violencia que exerce o Estado no seu conxunto cando a través do funcionariado e persoas representantes obstaculiza e non protexe o labor das persoas defensoras.

Dereitos sexuais e reprodutivos

Para apoiar a campaña de incidencia política a favor dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), xunto a Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP),  realizou o documental En Deuda Con Todas sobre a penalización do aborto no Salvador e as consecuencias físicas, psicolóxicas y legais que implica para as mulleres en situación de vulnerabilidade no país.

Para a realización do documental foi necesaria unha intensa fase de preprodución na que se recompilou información, se escolleu ás protagonistas e se pactou os enfoques cos movementos feministas o país xa que, precisamente, o documental ten como principal obxectivo ser unha ferramenta á disposición do activismo, a loita e a incidencia que estes movemento están levando a cabo no país.

A Agrupación Ciudadana por la Despenalización del Aborto e a Colectiva Feminista foron dous colectivos imprescindibles para que o documental fora unha realidade. 

Xestión de residuos

No Salvador existe un gran problema respecto á recolección de refugallos sólidos, sobre todo na área rural, onde os residuos non son convenientemente dispostos nin recollidos e xeran insalubridade que afecta de maneira multidimensional á poboación.

Solidariedade Internacional (SI) Galicia está a apoiar o traballo que realiza a Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud (ASPS) para mellorar as condicións ambientais en tres municipios do departamento de Morazán, no nordés do país.

Fano a través dun proxecto que ten como obxectivo conseguir a xestión integral, sostible e equitativa dos refugallos sólidos, traballando coas institucións públicas, a comunidade, e coa poboación nova.