Canto sabes… de Tanzania?

 

A gran maioría dos 100 millóns de falantes non consideran o suahili ou kiswahili a súa lingua materna, se non unha lingua vehicular (ou franca) que empregan para comunicarse nun territorio con ducias de idiomas.

Tanzania foi o primeiro país africano en darlle a esta lingua oficialidade no ensino básico, substituíndo ao inglés. O suahili escribiuse con caracteres árabes ata a colonización de África no século XIX, cando os colonos mudaron a escritura ao alfabeto latino.

En 2016, Tanzania compremeteuse a proporcionar doce anos de educación básica gratuíta e obrigatoria a toda a poboación, sen deixar a ninguén atrás. Desde entón, cando o goberno comezou a implementar unha política de educación básica gratuíta, a matrícula aumentou na educación básica e diminuíu o número de nenos e nenas sen escolarizar.

As taxas de supervivencia tamén aumentaron drasticamente. O plan educativo recoñece que aumentar o acceso á escola e, ao mesmo tempo, mellorar os resultados de aprendizaxe, representará un gran desafío para o país.

Dar es Salaam

A Fundación Internacional Compañía de María (FISC) ten actualmente en marcha un proxecto en Dar es Salaam, unhas das cidades comerciais de Tanzania.

En 2018 a cidade sufríu múltiples inundacións e isto levou á poboación a refuxiarse en lugares máis seguros, como no barrio de Bangulo, no distrito de Ilala. Bangulo atópase a máis de 27 quilómetros do centro da cidade e a súa poboación creceu en dous anos en máis de 5.000 persoas. O espazo da cidade ons de instalaron, aínda  en construción, non conta con centros de saúde, educación, auga potable, electricidade, etc. 

Na zona existen dúas escolas que non teñen capacidade para atender a todo o alumnado. As autoridades políticas acordaron con FISC e Company of Mary a construción dunha nova escola nuns terreos cedidos.

A presenza desta nova escola reducirá a saturación das aulas de infantil, primaria e secundaria e permitirá que un maior número de nenos e nenas teñan acceso a unha educativa de calidade e en condicións adecuadas.