Canto sabes de… Guinea Bissau?

O tamén coñecido como caju crece nunha árbore perenne que precisa o clima tropical para medrar. Os anacardos representan o 90% das exportacións de Guinea Bissau e a India é o principal comprador.

Directa ou indirectamente, máis do 80% da poboación do país depende dos ingresos xerados pola comercialización deste froito que se procesa maioritariamente fóra das súas fronteiras.

Guinea Bissau empezou a exportar anacardos en 1966, antes da independencia de Portugal (1974). A árbore foi traída do Brasil polos colonos no século XVI.

En 2020, Guinea Bissau viuse afectada pola pandemia mundial do coronavirus pero tamén por unha crise socioeconómica e o aumento da vulnerabilidade e a inseguridade alimentaria dos fogares polas consecuencias do cambio climático.

A economía de Guinea Bissau baséase principalmente na produción de anacardos destinados á exportación. En 2020, as empresas estranxeiras encargados da compra e exportación deste froito non puideron desprazarse ao territorio nos meses de tempada (abril e maio) como consecuencia da pendemia. Isto deixou sen ingresos económicos a moitos fogares así como moi debilitada a economía de todo o país.

Bolama

O arquipélago das Bijagós é o único complexo insular do país e conta con aproximadamente 80 illas das cales unha vintena están habitada, entre as cales Bolama. As illas están clasificadas como Reserva da Biosfera debido á súa gran riqueza biolóxica e etnográfica. Con todo, trátase dunha das zonas máis empobrecidas do país e a súa poboación apenas ten acceso a auga potable, servizos de saúde ou vías de transporte.

A illa de Bolama foi a capital do país durante a época colonial e en 1941 foi trasladada a Bissau e a illa foi abandonada. Como consecuencia do illamento, a poboación é aínda máis vulnerable que a do resto do país.

Neste contexto traballa a ONG AIDA xunto a organización local Probolama cunto a mulleres campesiñas, apoiándoas na posta en marcha de hortas comunitarias xestionadas por elas mesmas.