Apoio a Myanmar: un terremoto empeora a situación dunha poboación xa moi vulnerable

Un tremor de magnitude 7,7 deixa miles de mortos e centos de feridos en Myanmar, un territorio que xa se enfrontaba a unha grave crise política, social, económica e humanitaria.

Fonte: IPPDH

31 Marzo 2025 |

Un terremoto de magnitude 7,7 deixa miles de persoas mortas, feridas e centos de desaparecidas en Myanmar. Organizacións en terreo sinalan que isto acontece nun país que xa viña afrontando unha importante crise política, económica, social, sanitaria e humanitaria.

O sismo do 29 de marzo causou danos masivos en vivendas, escolas e infraestruturas esenciais, deixando a milleiros de persoas sen fogar. Moitas delas son nenos e nenas que quedan, tras este desastre, nunha situación altamente vulnerable.

E ti, como podes apoiar á poboación local?

Hai varias organizacións en terreo traballando a esgalla para satisfacer as necesidades inmediatas, salvar vidas, preservar a dignidade e previr un maior sufrimento para todas as persoas que enfrontan perdas inimaxinables.

O máis urxente agora mesmo é a atención sanitaria, proveer á pobación de alimentos, auga potable, kits de hixiene básicos e refuxio.

Se queres contribuír, podes atopar información sobre como facelo nas webs de organizacións -algunhas delas socias da Coordinadora- que traballan dende hai anos no país e que están en estreito contacto con organizacións socias locais:

Nacións Unidas alerta de que a catástrofe aumenta a presión sobre unha poboación moi vulnerable que afronta unha crise de gran magnitude, acrecentada pola situación política do país. A organización pon o foco especialmente nas mulleres e nenas, nun contexto, segundo indican, de “catástrofe absoluta” para a infancia.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: