Ante o ataque de Estados Unidos e Israel sobre Irán e a extensión das agresións en Líbano e outros países de Oriente Próximo, La Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo -plataforma que agrupa a organizacións entre as que nos encontramos, comprometidas cos dereitos humanos, a asistencia humanitaria, a protección do planeta e a xustiza global- expresa a súa absoluta preocupación e firme rexeitamento á ofensiva e á crecente escalada rexional.
La Coordinadora chama de forma urxente á comunidade internacional e a todos os actores involucrados para que cesen inmediatamente as hostilidades, respecten o Dereito Internacional, garantan a protección da poboación civil e aposten decididamente pola paz a través de todas as vías diplomáticas dispoñibles.
Nun momento no que medran os conflitos e as tensións xeopolíticas en todo o mundo, o Dereito Internacional Humanitario e os dereitos humanos deben respectarse sempre e por todas as partes. É fundamental defender as normas internacionais recollidas na Carta das Nacións Unidas e o Dereito Internacional, que establecen principios básicos, como o respecto á soberanía, a integridade territorial e a prohibición do uso ou a ameaza da forza. Non son normas opcionais: existen para protexer ás persoas e evitar escaladas como a que actualmente está a vivir Oriente Próximo.
Nada xustifica unha intervención armada unilateral
É innegable que o réxime iraniano presenta graves déficits democráticos e vulneracións de dereitos humanos, especialmente en materia de igualdade de xénero. Nos últimos meses, produciuse ademais unha dura represión das protestas cidadás, con homicidios masivos denunciados por organizacións internacionais, como, por exemplo, Amnistía Internacional.
Nada disto xustifica unha intervención armada unilateral por parte de Estados Unidos e Israel. A comunidade internacional debe empregar os mecanismos existentes -co Consello de Seguridade de Nacións Unidas á fronte- para solucionar as ameazas á paz e á seguridade internacionais.
Por todo isto, e en conexión co clamor da sociedade civil de diferentes lugares do mundo, La Coordinadora fai este chamamento:
- Todas las partes implicadas na escalada militar e os actores con influencia, a que cesen inmediatamente as hostilidades, respecten plenamente o Dereito Internacional —incluídos os principios de distinción, proporcionalidade e precaución—, se abstenga de novos ataques e amosen o seu liderado para rebaixar a tensión e atopar unha vía cara a paz a través da diplomacia.
- Todos os Estados, especialmente o Goberno de España, a que respecten de forma estrita a Carta das Nacións Unidas e o Dereito Internacional Humanitario e dos Dereitos Humanos de forma coherente e sen dobreces, prioricen a protección da poboación civil, impulsen alianzas internacionais aliñadas co desarme nuclear e apoien con urxencia os esforzos diplomáticos para o cese de hostilidades e a paz.
- Do mesmo xeito, insta ao Estado, ao Gobierno español e ás forzas políticas a cumprir as demandas recollidas na proposición non de lei aprobada no Congreso en 2024 sobre Palestina: alto o fogo permanente, acceso humanitario suficiente e sostido, respetco ao Dereito Internacional Humanitario e dos dereitos humanos, fin do comercio de armas con Israel e promoción dunha solución negociada. Tamén solicitamos a ratificación do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares (TPAN).
- As/os profesionais do xornalismo, nun momento particularmente complexo, deben asegurar o seu compromiso firme cun xornalismo informado e de paz, que defenda o Dereito Internacional e evite reproducir acríticamente narrativas que xustifican a guerra (países ameazantes, ataques preventivos, etc.). Deben contribuír á desescalada dos conflitos armados e á prevención da violencia, buscando todos os recursos e apoios necesarios.
- A sociedade civil, debe contrastar a información nun contexto marcado pola desinformación e os discursos belixerantes; debe ser crítica para non aceptar a guerra como única saída e ser suxeito activo na promoción da diplomacia, a paz e a cohesión social. Nun momento tan complexo, é necesario que participe activamente en mobilizacións en defensa da paz e a xustiza global.

