Afganistán: o terremoto golpea un país afundido nunha das peores crises humanitarias do mundo

O terremoto impacta nun país que sofre unha das crises humanitarias máis complexas do planeta. Con 46 millóns de habitantes, case a metade precisa asistencia humanitaria e o 70% vive por debaixo do nivel de subsistencia.

Fonte: IPPDH

03 Setembro 2025 |

Afganistán encadea crise tras crise. Á gravísima situación de dereitos humanos súmanse a crise económica e a climática, marcada por unha seca persistente. No que vai de ano, máis de dous millóns de persoas afgás víronse forzadas a regresar desde países veciños como Paquistán e Irán. Isto desbordou as instalacións fronteirizas e multiplicou a demanda de aloxamento, alimentos e emprego. A situación agrávase aínda máis polas denuncias de torturas e graves violacións de dereitos humanos, especialmente contra mulleres e nenas, tal e como alerta o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).

O apoio das axencias das Nacións Unidas, das ONG e das organizacións locais será fundamental para garantir a atención da poboación afectada. A comunidade internacional debe asegurar que a poboación civil —e en especial as mulleres e as nenas— reciba o apoio humanitario que precisa.

Filippo Grandi, alto comisionado de ACNUR, declarou que o terremoto “suma morte e destrución aos outros desafíos, incluídas a seca e o retorno forzoso de millóns de afgáns desde países veciños (…) Espero que a comunidade de doantes non dubide á hora de apoiar os esforzos de axuda”, sinalou.

Agradecemos á cidadanía as súas mostras de apoio e lembramos que, para colaborar en situacións de emerxencia, é importante ter en conta algunhas cuestións clave. Para máis información e recomendacións, consulta a páxina da Coordinadora Estatal de ONGD.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: