
IX seminario “Hábitat a escala humana”
Lugar Centro Ágora (A Coruña) Organiza Arquitectura sen Fronteiras Data: 25/10/2024
Esta proposta da ONGD Arquitectura sen Fronteiras está aberta a quen desexe coñecer experiencias de diversos territorios que contribúen a facer dos barrios espazos máis coidadores a través da participación, a celebración ou o urbanismo ecofeminista.
Participarán experiencias do barrio de Vite (Compostela) e Teis (Vigo), así como “Agra, un barrio de coidados”, de Arquitectura sen Fronteiras en colaboración coa Universidade da Coruña.
Ademais, a xornada contará Damián Vail, coordinador da Asociación Indígena Agropecuaria Pro Desarrollo Integral ASIAPRODI, que explicará como é a construción colectiva do hábitat nas comunidades indíxenas do seu país, Guatemala. E con Cristina Botana, docente e investigadora da USC, que falará de barrios que coidan e de poñer a vida no centro.
“Hábitat a escala humana” terá lugar o venres 25 de outubro no Centro Ágora da Coruña de 18:00 a 20:30. A entrada é gratuíta.
É posible coñecer a experiencia das edicións anteriores neste enlace.