
Camiños de Hospitalidade
Lugar Colegio Apóstol Santiago, Vigo Organiza Entreculturas Data: 22/06/2025
Con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas (20 de xuño), Entreculturas organiza en Vigo unha nova edición dos Camiños de Hospitalidade, unha camiñata simbólica que busca promover unha cultura de solidariedade e inclusión coas persoas migrantes. A actividade enmárcase na Campaña Hospitalidad e celébrase tamén noutros puntos de España e do mundo.
Un convite a deixar atrás os prexuízos e camiñar cara unha sociedade máis xusta.