Programa de voluntariado internacional de Coñecemento doutras Realidades

Organiza Enxeñería sen Fronteiras Límite inscrición 16/02/2025 Modalidade Presencial Ver programa

Enxeñería sen Fronteiras abre o prazo ata o 16 de febreiro para solicitar unha das tres prazas do seu Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades.

  • Cada praza está orientada a un perfil concreto. Tes toda a información ampliada na web de EsF, á que podes acceder dende aquí.

O Programa ofrece unha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que a ONGD galega apoia no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas que colabora. 

Hai unha formación e integración previa, cunha estancia no verán en Honduras, na que ESF Galicia se fai cargo de viaxe internacional, seguro e aloxamento (manutención e gastos correntes van a cargo da persoa participante) para, á volta, contar co testemuño de primeira man das participantes, organizando actividades de sensibilización.