
Boas prácticas na xestión de proxectos de cooperación ao desenvolvemento
A Coordinadora Galega de ONGD organiza este curso de boas prácticas que ten como obxectivo principal fortalecer as capacidades técnicas e amosar boas prácticas na identificación, formulación, seguimento e xustificación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Celebrarase os días 12 e 13 de marzo na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Compostela.
O Curso diríxese de maneira preferente a ONGD socias da Coordinadora con menos percorrido ou aquelas que queiran compartir e aprender doutras experiencias de traballo. Tamén está orientado
a equipos técnicos ou voluntariado de recente incorporación nas ONGD galegas.
Pódeste inscribir clicando aquí.
A inscrición está aberta tamén a persoas a título individual e/ou entidades non socias pero no caso de que as inscricións superen o número de prazas priorizarase ás ONGD socias da Coordinadora.
Impartirán as sesións tres organizacións con ampla experiencia en cooperación ao desenvolvemento e traballo con financiadores galegos, como Arquitectura sen Fronteiras, Asemblea de Cooperación pola Paz e Solidariedade Internacional de Galicia.
Tes toda a información ampliada aquí.