
Benestar emocional, acompañamento e coidado do voluntariado
Organiza Taller de Solidariedade Data inicio 01/04/2025 - Data fin 07/06/2025 Límite inscrición 30/03/2025 Modalidade Mixta (En liña e presencial) Ver programa
Taller de Solidariedade abre o prazo (ata o 30 de marzo) para a inscrición no curso de ‘Benestar emocional, acompañamento e coidado do voluntariado’. Unha formación gratuíta dirixida a persoas responsables de grupos de voluntariado nunha entidade galega, así como a calquera persoa con interese de fortalecer o apoio emocional dentro dun grupo de voluntariado.
A formación divídese nunha parte presencial, que se desenvolverá en catro localidades galegas, e unha parte online que se pode realizar de xeito libre dende o 30 de abril ata o 7 de xuño. Estas son as sesións presenciais previstas:
- Santiago de Compostela: 1 de abril ás 17:00h. (Cáritas, Carreira do Conde, 14)
- Lugo: 2 de abril ás 17:00h(Taller de Solidariedade, Ramón Montenegro, 17)
- Vigo: 7 de abril ás 17:00h (Colexio San Xosé da Guía, Rúa Dr. Corbal, 26)
- Maside (Ourense): 29 de abril ás 18:00h (Casa de Cultura )
Podes reservar a túa praza neste enlace