Cuba
Proxecto de electrificación fotovoltaica da Escola Latinoamericana de Medicina.

A Escola Latinoamericana de Medicina (ELAM) da Habana ten como tarefa principal formar médicos para o mundo. O alumnado procede de países de América Latina, África e en menor medida de Asía e Norteamérica. Foi inuagurada en 1999 e en outubro de 2002 foi rexistrada no Directorio de Universidades de Medicina da Organización Mundial da Saúde.
O proxecto pretende facilitar a transición enerxética da ELAM cara a un modelo baseado no uso das enerxías renovables que permita diminuír o consumo enerxético, incrementar a eficiencia e reducir os custes da enerxía. No proceso de incorporación destas fontes renovables de enerxía cóntase coa participación activa tanto do persoal da institución académica como do alumnado.
O proxecto comezou en febreiro de 2024, cunha reunión de coordinación das distintas organizacións que participan no proxecto: o equipo técnico da propia ELAM, Cubasolar, Medicuba Europa, Fundación Iris e a propia SODePAZ.

O PROXECTO NUNS POUCOS DATOS
- Cuba vive dende hai meses unha situación de crise enerxética que se agrava co paso do tempo e que afecta á vida cotiá da cidadanía e ao funcionamento de servizos esenciais.
-
A Escola Latinoamericana de Medicina inaugurouse en 1999 e foi rexistrada en 2002 no Directorio de Universidades de Medicina da Organización Mundial da Saúde. Suma máis de 30.000 alumnos de 120 países.
-
En marzo de 2025 SODePAZ licitou os recursos necesarios para, posteriormente, xestionar o flete marítimo para o traslado do material tecnolóxico.
- A Escola Latinoamericana de Medicina disporá de sistemas fotovoltaicos con respaldo de baterías para a biblioteca, o nodo de servidores e as oficinas
- No marco do proxecto instalarase tamén un sistema de bombeo solar no pozo de captación de auga para mellorar o suministro nas instalacións.


SODePAZ desenvolve este proxecto con Cubasolar (Sociedade Cubana para a Promoción das Fontes Renovables de Enerxía e o Respecto Ambiental), unha organización que traballa dende o ano 1994 a prol do desenvolvemento sostible e un suministro solidario de enerxía baseado nas fontes renovables que eviten o cambio climático e protexan o medio ambiente.