Arquitectura sen Fronteiras

Guatemala

Construcción dunha rede de abastecemento de auga para 267 familias da Comunidade Mam Cajolá do municipio de Champerico.

Fotografía dun proxecto de desenvolvemento de Asemblea de Cooperación pola Paz. Mercado de produtos da horta

No marco deste proxecto -que suma o apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Generalitat de Valencia- iniciouse a construción dunha rede de abastacemento de auga que servirá a 267 familias da comunidade Mam Cajolá recentemente asentadas no municipio de Champerico.

Todo comeza coa limpeza dun pozo que servirá para encher un depósito elevado e a rede de distribución ata as vivendas. O proxecto contempla tamén un sistema de drenaxes de augas grises.

Actualmente as comunidades non dispoñen de auga potable no fogar. Algunhas familias teñen un pozo artesán, pero na meirande parte dos casos non ofrece auga potable. Outras acuden a un lavadoiro comunitario, construído como parte das accións de emerxencia de proxectos anteriores.

Esta situación de precariedade hídrica repercute na saúde das persoas e tamén nas cargas domésticas, especialmente das mulleres, que asumen o carrexo da auga.

Sesión formativa sobre agroecoloexía con perspectiva de xénero da organización ACPP en El Salvador. Compostela máis Solidaria

 

O PROXECTO NUNS POUCOS DATOS

  • A importancia deste proxecto radica na falta de condicións de habitabilidade dos terreos aos que poden acceder as comunidades.  A xente comeza unha vida prácticamente na nada.
  • A Comunidade Mam Cajolá implícase totalmente, tanto nas obras como nos procesos para a xestión social do hábitat no que viven.
  • O proxecto supón 14,5km de excavacións
  • A comunidade participa de maneira voluntaria en diversos traballos e recibe formación para acometer algunhas tarefas
  • 762 persoas (267 familias) serán as beneficiarias directas dun proxecto que, a través da auga e da súa xestión, fortalece á comunidade.

Arquitectura sen Fronteiras desenvolve este proxecto con Asiaprodi (Asociación Indígena Agropecuaria Pro-desarrollo Integral), unha entidade formada polas comunidades indíxenas representadas cada unha delas por un portavoz en asemblea. Para o traballo diario conta con catro líderes e lideresas comunitarias coas que se coodinan as actividades.

Ambas organizacións suman xa moitos anos de colaboración. Os proxectos realízanse sempre en réxime de co-execución, o que significa que as dúas organizacións aportan o seu expertise. Ao ser Asiaprodi unha organización propia das comunidades, o traballo con elas facilítase. E imprime -tanto na toma de decisións como na execución de accións- un forte carácter comunitario aos proxectos.