Canto sabes… de República Dominicana?

Na década dos oitenta, os países de América Latina escolleron o 25 de novembro para conmemorar o día contra a violencia de xénero en honor ás tres irmás Mirabal, asasinadas ese mesmo día de 1960 por orde do ditador Trujillo, do cal eran opositoras.

A partir de 1999, a data foi asumida tamén polas Nacións Unidas e, desde entón, celébrase en todo o mundo para denunciar e combater a violencia machista.

A violencia contra as mulleres

As cifras de violencia que son reportadas constitúen a punta do iceberg que se oculta detrás do silencio estatístico, a tolerancia social e a impunidade en relación á violencia contra a mulleres que hoxe é unha das formas máis xeneralizadas de violación de dereitos.

De acordo coa Procuradoría Xeral da República, en 2018 as denuncias por violencia de xénero e intrafamiliar, e por delitos sexuais, foron 78.242, un 20% máis respecto ao ano anterior. As denuncias incrementaron como parte dos esforzos realizados polo Ministerio da Muller, aínda que aínda queda unha brecha importante de atención a esas denuncias. 

Do mesmo xeito que en moitos outros países do mundo, en República Dominicana a violencia de xénero, e especialmente a violencia extrema que termina na morte da muller, os feminicidos, ten características de epidemia. Entre o 2014 e o 2018 en República Dominicana se rexistraron 817 asasinatos de mulleres, 455 dos cales perpetuados polas súa parellas ou exparellas.

En República Dominicana o aborto é ilegal en todas as circunstancias, mesmo cando está en risco a vida da muller ou nena embarazada. A prohibición total do aborto no país ten consecuencias devastadoras. As mulleres e nenas con embarazos non planificados ou non desexados —incluíndo os que son resultado de violación ou incesto ou en casos de inviabilidade do feto— vense obrigadas a elixir entre un aborto clandestino ou seguir adiante co seu embarazo, aínda que non o desexen e que implique graves riscos para a súa saúde, incluída a morte.

Bateyes La Balsa, Cubana e Olivares  

O Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) traballa xunto á Asociación Galega para o Cambio Social (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) no bateyes La Balsa, Cubana e Olivares.

Actualmente teñen en marcha un proxecto con ten tres eixos de traballo. O primeiro é o de garantir o acceso a unha vivenda digna e saudable. O segundo, fortalecer as capacidades, tanto formativas como de equipamentos, do sistema comunitario dos bateyes en temas de saúde comunitaria, prevención da violencia contras as mulleres e dereitos sexuais e reprodutivos. E, en terceiro lugar, promover unha cultura da igualdade e equidade de xénero.

Dentro deste proxecto, AGARESO desenvolveu obradoiros audiovisuais participativos nos centros educativos e promoveu campañas de comunicación participativas e se crearon programas de radio comunitaria no Centro Tecnolóxico de Ramón Santana.