

Ademais de ser a maior consumidora de té do mundo, a India é despois da China o segundo país produtor. Tres millóns e medio de persoas, a gran maioría mulleres, traballan en máis de 1.500 fincas de todo o país.
Hoxe moitas plantacións aínda manteñen as condicións laborais de escravitude impostas polos británicos no século XIX.
Dúas rexións, Assam e Bengala Occidental, producen máis do 70% do té do país é, a vez, son o escenario onde se dan as peores condicións laborais. En moitos casos ademais, as persoas traballadoras son descendentes dos escravos e escravas introducidas nas plantacións hai máis de 100 anos.
Actualmente, nas plantacións de té comercio xusto, onde se garanten condicións laborais dignas, traballan máis de 40.000 persoas.
Anantapur
Anantapur é un distrito do estado indio de Andhra Pradesh, no sudeste do país. Neste territorio é onde dende hai ano traballo a Fundación Vicente Ferrer xunto a organizacións locais.

En Anantapur, a organización traballa para facilitar vivendas dignas e seguras ás comunidades desfavorecidas e mellor as infraestruturas e servizos das aldeas: potabilizadoras de auga, letrinas, aulas, salas comúns, hospitais ou escolas residenciais.
As persoas destinatarias das casas participan na súa construción, e se escrituran a nome das mulleres e/ou das persoas con discapacidade. Son edificacións que encaixan armónicamente no contorna grazas ao uso de materiais locais e a un deseño e funcionalidade adecuados aos usos e costumes dos seus habitantes.

Calcuta
Pilkhana é un dos suburbios (slums) máis poboados da área metropolitana de Calcuta, no nordeste de India, con máis de 400.000 habitantes.
As condicións de vida son moi difíciles: rúas estreitísimas sen asfaltar onde se apiñan pequenas chabolas de latón, cartón e madeira; edificios sen acabar ou en estado ruinoso que albergan a familias numerosas que comparten espazo e viven en situación de extrema pobreza.
O barrio carece de infraestruturas sanitarias, rede de sumidoiros, subministración de auga potable, etc. Máis dun 50% dos nenos e nenas de Pilkhana sufren desnutrición.
Estas circunstancias fan que os menores estean máis expostos a enfermidades que provocan consecuencias físicas, intelectuais, emocionais e sociais, que afectan á súa capacidade de aprendizaxe, ao seu desenvolvemento global e, por tanto, ao seu futuro.
En 2018, a organización Seva Sangh Samiti pon en marcha un programa de promoción de saúde materno- infantil no que colabora Mans Unidas.
