Cifra récord de persoas necesitadas de asistencia humanitaria

Hoxe, 235 millones de persoas necesitan protección humanitaria. Conflitos como os de Afganistán, crises coma a que sofre Líbano ou Centroamérica ou situaciones sanitarias precarias, coma a de República Democrática do Congo, esixen un reforzo inmediato de apoio internacional.

18 Agosto 2021 |

O número de persoas que necesitan asistencia e protección humanitaria non deixa de crecer: 235 millóns ou, o que é o mesmo, 1 de cada 33. Esta cifra supón un importante crecemento con respecto ao ano anterior cando se situaba nunha de cada 45. Son as cifras máis elevada en décadas.

Segundo datos do Programa Mundial de Alimentos e a FAO, a fame extrema aumentará nos próximos meses. Polo menos, 23 rexións sufrirán crises alimentarias de forma directa. A pandemia, o cambio climático e os conflitos bélicos son as principais causas desta situación. O informe de persoas expertas sobre cambio climático (IPCC), publicado a semana pasada, demostra que o cambio climático provocou un aumento das sequías; de fortes precipitacións e de ciclóns. As crises expulsan dos seus fogares a case 83 millóns de persoas. Unha cifra sen precedentes.

Campamento de desplazados en Mazar-e-Sharif, en el norte de Afganistán. Foto: Edris Lutti | ACNUR

A asistencia humanitaria: foco de ataques

Nun contexto no que o apoio humanitario é crucial para a vida de millóns de persoas en todo o mundo, xeneralízanse os ataques a lugares, actuacións e persoas que garanten, con neutralidade e independencia, o apoio ás poboacións que sofren as crises.

A primeira vítima destes ataques é a poboación civil, tamén o son os actores humanitarios. En 2020, segundo o último informe de Aidworker Security Organization, 475 persoas foron vítimas de ataques, 108 foron asasinadas. Os países nos que houbo un maior número de ataques foron Sudán do Sur, Siria e República Democrática do Congo. Etiopía, en concreto, a zona de Trigay sufriu un aumento do número de ataques; precisamente o lugar no que recentemente foron asasinados tres compañeiros de Médicos sen Fronteiras.

Inundacións en Mozambique polo paso do ciclón Idai en 2019 / EFE

Algunhas crises humanitarias

AFGANISTÁN. A saída das tropas estadounidenses de Afganistán e a toma do poder por parte dos talibán aumentou, aínda máis, a violencia extrema que sofre a poboación; especialmente as mulleres. Á violencia actual súmase a miseria, a seca e a inseguridade alimentaria. O número de persoas que necesitaban asistencia humanitaria antes dos últimos acontecementos ascendía a 18 millóns, a metade da poboación; tras a chegada ao poder dos talibán, esta cifra crecerá substancialmente. Asistiremos a un éxodo humano.

LÍBANO. Un ano despois da explosión no porto de Beirut, Líbano enfronta unha grave crise multidimensional. Desde entón, o país está sen un Goberno en plenas funcións. A crise económica que vive foi cualificada polo Banco Mundial como “unha da peores crise financeira do mundo na historia moderna”. A finais de 2020 o 78% da poboación vivía en condicións de pobreza, especialmente, os fogares encabezados por mulleres. Cabe lembrar que o 25% da poboación é migrante e sofre condicións especialmente preocupantes.

CENTROAMÉRICA. A violencia, a falta de dereitos e o impacto do cambio climático está a xerar situacións extremas en toda Centroamérica. A ONU deu a voz de alerta: 10 millóns de persoas precisan asistencia urxente en Honduras, Guatemala e O Salvador.

REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO. A pandemia afectou á resposta sanitaria ante outras enfermidades. Segundo UNICEF, 23 millóns de nenos e nenas non recibiron as vacinas infantís básicas en 2020, a cifra máis alta desde 2009 e 3,7 millóns máis que en 2019. A República Democrática do Congo sofre sucesivos brotes de sarampelo desde 2018.

 

A urxencia dunha cooperación comprometida

A cidadanía ten claro que os gobernos deben garantir o apoio humanitario ante este tipo de crise, así o demostra o Eurobarómetro no que a sociedade do Estado español aparece sempre como a máis solidaria de Europa.

É urxente apostar por unha cooperación comprometida que responda as emerxencias e violencias dun mundo en crise. No último ano, os fondos destinados polo goberno español á acción humanitaria pasaron do 2% do total da AOD ao 3,8%. Esta subida é aínda insuficiente debido a que queda lonxe do compromiso do 10%.

Por iso, solicitamos á UE, ao goberno español e aos actores humanitarios:

  • Promover os marcos internacionais que garanten o respecto do Dereito Internacional Humanitario.
  • Garantir que as intervencións se definen conforme os principios humanitarios.
    Coordinar a acción humanitaria coa garantía de dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas.
  • Asegurar que as iniciativas contemplan a unión entre a acción humanitaria e o desenvolvemento, a resilencia das poboacións e a axencia das mulleres.
  • Garantir o enfoque feminista e os dereitos da infancia e a adolescencia.
  • Fortalecer o rol dos actores locais; outorgar maior protagonismo ás organizacións dos países nos que se traballa e ás poboacións afectadas.

E en concreto, ao goberno español:

  • Ser coherente co apoio cidadán ás actuacións humanitarias. Os orzamentos xerais do Estado para 2022 e a reforma do sistema de cooperación son unha oportunidade para demostralo.Incrementar a asignación da axuda humanitaria ao 10% da AOD, con polo menos 50% vía AECID.
  • Asegurar que outras políticas (comercio de armas, control sobre a actuación de transnacionales, políticas migratorias…) non contribúen á xeración ou empeoramento de crises humanitarias.
  • Reforzar o perfil institucional, as capacidades, recursos e equipo da Oficina de Acción Humanitaria da AECID.
  • Reequilibrar a canalización de recursos entre o sistema de Nacións Unidas e outros (Movemento da Cruz Vermella e ONG) cos instrumentos de financiamento previsibles e flexibles.
  • Promover un espazo de diálogo e de coordinación entre a acción humanitaria no ámbito central e o descentralizado.
  • Asegurar que a acción humanitaria é coherente cos compromisos internacionais adquiridos, en particular no relativo ao apoio de organizacións locais, e en materia de eficacia, transparencia e rendición de contas.
  • Dotar dos medios necesarios para que a sociedade coñeza, sensibilícese e involúcrese nos asuntos humanitarios.
  • Fortalecer o programa de protección a persoas defensoras de dereitos humanos e medio ambiente.

 

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: