
Proxección da curta documental ‘Mar de Fóra’
Lugar Unitaria (Compostela) Organiza Agareso Data: 28/03/2025
A curta documental ‘Mar de Fóra’ estréase en Compostela o vindeiro venres 28 de marzo (Escola Unitaria, 20:00h) con entrada libre. Esta peza audiovisual, realizada no marco do curso ‘Comunicar para o Cambio’ de Agareso, trata de debullar a realidade migratoria das mulleres que se embarcan na ruta canaria.
O filme aborda as dificultades que teñen que abordar cando chegan a chan Europeo a través das voces de persoas migrantes e outros axentes implicados na atención a este servizo.
- Se queres saber máis, poder ver o tráiler da peza neste enlace.