Obradoiro de hip hop e discurso crítico
Lugar Centro xove de creación cultural da Almáciga (Compostela) Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data: 11/04/2026
A colectiva Hip Hop Femenino El Salvador imparte este obradoiro, que forma parte da Escola de Activismos do programa Compostela máis Solidaria.
Está dirixido a persoas de 16 anos en diante, sen límite de idade, con ganas de aprender a escribir e crear en clave de hip hop.
No taller aprenderemos a expresarnos a través deste xénero musical, pero tamén a aproveitalo para a denuncia e a crítica social, seguindo o exemplo de Yezli Mic e Queen, as dúas integrantes da Colectiva que impartirán o taller.
- Prazas limitadas con inscrición previa, dispoñible clicando aquí.
Sábado 11 de abril (17:00-19:00) no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.
