
Conferencia ‘Pobreza e educación infantil’
Lugar Colexio Maior San Agustín, Rúa San Agostiño 2, Santiago de Compostela Organiza Entreculturas Data: 27/03/2025
A ONG Entreculturas organiza unha charla o vindeiro xoves 27 de marzo ás 19:30h en Santiago de Compostela para abordar a temática da pobreza e a educación infantil.
O evento estará conducido por José Antonio Alonso Rodríguez, catedrático de Economía Aplicada na Universidade Complutense de Madrid, que tamén formou parte do Comité de Políticas para o desenvolvemento do Consello Económico e Social das Nacións Unidas; do Grupo Asesor para Europa da Fundación Gates; e nomeado polo Consello da Unión Europea como membro do Grupo de Sabios de Alto Nivel sobre a Arquitectura Financieira Europea para o Desenvolvemento.
Na actualidade, é membro experto do Consello de Cooperación para o Desenvolvemento.