“Coidar da auga, facer comunidade”

Lugar Salón de actos do Pazo Provincial (Pontevedra) Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data: 27/11/2025

O 27 de novembro (16:30) o Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle unha das actividades programadas na terceira edición de Somos Ponte: “Coidar da auga, facer comunidade”.

A xornada comezará coa estrea en Galicia do documental “Abuela Agua” e un coloquio cunha das súas protagonistas, a defensora de dereitos Juventina López, lideresa da Comunidade Mam Cajolá de Champerico (Guatemala).
Tamén coñeceremos experiencias da provincia de Pontevedra que conectan moi de preto coa que narra “Abuela Auga” da man das súas protagonistas e veremos como o coidado da auga e a súa xestión colectiva axudou aquí, igual que en Champerico, a fotalecer a comunidade.
  •  “Coidar da auga, facer comunidade”é unha actividade aberta e de balde, pero para unha mellor organización recomendamos a inscrición previa a través deste enlace.
Somos Ponte é un programa de sensibilización en dereitos humanos e xustiza social impulsado dende a Coordinadora Galega de ONGD co apoio da Deputación de Pontevedra