Cartaz promocional da obra de monicreques

“A teteira de Kabul”

Lugar Centro sociocultural Santa Marta (18:30) Organiza Compostela máis Solidaria (Coordinadora Galega de ONGD) Data: 31/05/2024

O venres 31 de maio (18:30) no centro sociocultural Santa Marta podes asistir á posta en escena de “A teteira de Kabul”: unha obra de monicreques para público a partir de 6 anos da compañía Xarope Tulú, en co-produción coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz.

A representación -que contará con servizo de intérprete de lingua de signos– finaliza cun pequeno coloquio e inclúe, como agasallo, un exemplar do conto de Carolina Pujados no que se basea a obra. Que, á súa vez, se inspira na vida da escritora afgá Nadia Ghulam.

“A teteira de Kabul” forma parte do programa Compostela máis Solidaria, que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve co apoio do Concello de Santiago a través da UAMI.