Os grupos de traballo son o espazos de participación directa de persoas representantes das ONGD. Neles intercámbianse experiencias, aprendizaxes e recursos e trabállase para impulsar accións específicas para cumprir os obxectivos consensuados no Plan Estratéxico da Coordinadora.
As Comisións son grupos formados por representantes das ONGD, da Xunta Directiva e do equipo técnico da Coordinadora nos que se traballa sobre temáticas concretas. Os grupos territoriais son espazos de traballo local no que as ONGD de cada territorio traballan conxuntamente para levar a cabo actividades e accións de incidencia.
Por último, tamén existen grupos creados ad hoc para a coordinación e resolución de cuestións específicas e o seu funcionamento está limitado a un período e temática determinados.

COMISIÓN DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
Pretende consolidar o enfoque de Educación para a Cidadanía Global (ECG) ao interno das ONGD e nos órganos membro da Coordinadora; apoiar no fomento dunha cidadanía galega comprometida coa loita contra as desigualdades; e impulsar accións de incidencia para incorporar a ECG nas políticas públicas en materia de educación.
Actualmente forman parte desta Comisión 7 ONGD: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), Amigos da Terra, Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), Fundación Entreculturas, F.Vicente Ferrer, InteRed Galicia, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia e a Secretaría Técnica da Coordinadora.

COMISIÓN DE INCIDENCIA POLÍTICA
Traballa para mellorar a política pública e social de cooperación ao desenvolvemento de ámbito autonómico e local que recoñeza ás ONGD como axentes clave para a transformación social e política; para promover estratexias para incorporar a Coherencia de Políticas nas administracións públicas galegas; e mellorar as capacidades das ONGD membro en materia de incidencia política.
Actualmente forman parte desta Comisión 7 ONGD: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), Amigos da Terra, Arquitectura sen Fronteiras, Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), Educo, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Entreculturas e a Secretería Técnica da Coordinadora.

COMISIÓN DE NORMATIVA E TRANSPARENCIA
Promove a mellora da transparencia, o bo goberno e o cumprimento do Código de Conduta das organizacións da Coordinadora.
Actualmente forman parte desta Comisión 4 ONGD: Fundación Fabre, Médicos do Mundo, Solidariedade Galega e a Secretaría Técnica da Coordinadora.

GRUPO TERRITORIAL NORTE
Está formado polas ONGD de A Coruña. Actualmente forman parte Arquitectura sen Fronteiras, Axuda en Acción, Ecos do Sur, Ecodesarrollo Gaia, Educo, Entreculturas, Enxeñería sen Fronteiras, Farmamundi, Mans Unidas, Miradas al Mundo, Oxfam Intermon, Semilla para el Cambio, Solidariedade Galega, Solidariedade Internacional de Galicia e Terra de Homes.

GRUPO TERRITORIAL LUGO
Está formado polas ONGD con presencia en Lugo. Actualmente forman parte: Asemblea de Cooperación pola Paz, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade.

GRUPO TERRITORIAL SUR
Está formado polas ONGD de Vigo. Actualmente son Amigos da Terra, Entreculturas, Oxfam Intermón, Proclade e Taller de Solidariedade.