A Coordinadora asina o convenio de colaboración anual coa Vicepresidencia da Xunta

Fonte: IPPDH

18 Marzo 2019 |

Gema Filgueira, vicepresidenta da Coordinadora; Afonso Rueda, vicepresidente da Xunta; Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora; e Jesús Gamallo, director xeral de relacións exteriores e coa UE da Xunta

O presidente da Coordinadora Galega de ONGD, Alejandro Quiñoá, asinou hoxe xunto ao Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o convenio de colaboración do ano 2019 entre o goberno galego e as 46 ONGD que forman parte da Coordinadora.

O convenio, dotado de 90.000 euros, servirá para levar a cabo actividades de Educación para o Desenvolvemento que promovan a sensibilización e implicación da cidadanía galega arredor das desigualdades globais. Tamén, para organizar formacións e espazos de reflexión dirixidos ás persoas que colaboran nas ONGD galegas; para a elabaración de estudos como O traballo das ONGD galegas no mundo que se levou a cabo no marco do convenio de colaboración de 2018; así como manter as tarefas vinculadas coa comunicación, administración e xestión de proxectos.

 

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: