Curso de facilitación de grupos
Organiza Amigas da Terra Data inicio 24/01/2026 - Data fin 30/06/2026 Límite inscrición 19/12/2025 Modalidade Mixta (En liña e presencial) Ver programa
A nosa socia Amigas da Terra convoca – da man da colectiva de facilitación e formación con mirada interseccional Subúrbia- a súa segunda edición do seu Curso de Facilitación de Grupos acreditado polo IIFACe.
Estrutúrase en 8 módulos (7 presenciais + 1 online) que terán lugar entre xaneiro e xuño de 2026 nos espazos de A Casa Vella (Allariz) e Eco dos Teixos (Valdeorras), en Ourense.
Tes toda a información e o enlace paraa matrícula na web de Amigas da Terra, á que podes acceder dende aquí.
