Colombia
Defensora dos dereitos humanos

Imaxe cedida por Nayibis Mercado
“A pesar do dano causado polo conflito armado en Colombia, as comunidades cada vez estamos máis capacitadas para protexer os noso dereitos e participar en espazos públicos”.
O desprazamento forzado e a apropiación indebida de terras mediante a violencia caracteriza o conflito armado do país. Uns abusos e violacións dos dereitos humanos que tiveron como diana, sobre todo, ás comunidades indíxenas, afrodescendentes e campesiñas. Desde 1985, máis de 7 millóns de persoas, dos 50 que viven en Colombia, víronse obrigadas a desprazarse internamente como consecuencia do conflito.
Nayibis participa desde os 15 anos en espazos de defensa dos dereitos humanos. Hoxe segue sendo unha lideresa incansable pola reparación, a reubicación e o retorno das persoas desprazadas. É membro da Organización de Población Desplazada Étnica y Campesina, da asociación Mujeres Víctimas y Rurales por La Paz e participou no Comité Nacional de Desplazamiento Forzado e na Mesa Nacional de Víctimas.
“Ser defensora é unha gran responsabilidade. Actualmente os asasinatos contra nós forman parte da política de Estado pero a vontade de exterminarnos era previa aos Acordos de Paz de 2016.”.
Colombia é o país do mundo onde se cometen máis asasinatos contra defensoras e líderes comunitarios. Así o reflecte o último informe de Front Line Defenders. En 2020 aumentou de novo o nivel de violencia contra as defensoras, particularmente contra quen participa na implementación do proceso de paz e en iniciativas voluntarias de substitución de cultivos ou se opoñen ao extractivismo. Os asasinatos no cesaron durante os períodos de confinamento: en 2020 morreron asasinadas 177 persoas
Nayibis é membro da Organización de Población Desplazada Étnica y Campesina (OPDs Montes de María) que recibe o apoio da ONGD Movemento pola Paz .