Quorum Global: conectar as distintas loitas sociais

Quorum Global é unha iniciativa impulsada por ONGD, colectivos, asociacións, movementos sociais, activistas e persoas diversas que queremos conectarnos, desde múltiples lugares e miradas, para dar xuntas unha resposta cidadá potente ante a emerxencia ecosocial. Conectar as loitas para o cambio social! Para iso creamos un espacio online que ten o obxectivo de ser unha ferramenta para conectarnos, facer propostas e facilitar encontros presenciais.

En 2018 avanzarase impulsando e compartiendo propostas concretas. Do 19 ao 21 de outubro celebrarase un gran encontro cidadá en Málaga: o Encuentro de las Islas Encendidas, un espazo dende onde compartiremos experiencias, aprenderemos, debateremos e marcaremos unha serie de demandas e propostas para o traballo conxunto e de incidencia. Xa podes inscribirte!!! Consulta aquí o programa.

Se tes interese en participar, unirte, difundir, achegar, propoñer, preguntar… contacta con nós e síguenos por Facebook, Twitter e Instagram.