Campañas

POBREZA CERO

Muévete contra la DESIGUALDADOBSCENA

Pobreza Cero é un movemento estatal, promovido pola Coordinadora de ONGD – España que pretende implicar a todos os sectores da sociedade civil na loite contra as causas da pobreza e das desigualdades dunha forma urxente e definitiva.

X SOLIDARIO

¿Qué é o "X Solidario"?

O X Solidario é unha campaña das distintas ONG de Desenvolvemento, acción social e medio ambiente do Estado para promover a marca do recadro de “Actividades de Interese Social” na declaración da Renta. Cando as persoas contribuíntes marcan este recadro, destinan o 0.7% dos seus impostos a financiar proxectos de loita contra a pobreza e contra as desigualdades que levan a cabo as ONG.

NON AO TTIP

Campaña NON AO TTIP

Campaña presente en máis de 2.000 cidades e pobos de Europa, formada por organizacións da sociedade civil, partidos políticos, sindicatos, asociacións profesionais e entidades de diverso tipo, así como persoas a título individual. Ata o de agora o seu obxectivo foi deter as negociaciós do tratado transatlántico (TTIP) -paralizado, actualmente- e o acordo con Canadá (CETA) – pendente de ratificación por moitos parlamentos estatais. A pesar destes logros, a UE continúa traballando para impor unha axenda comercial neoliberal a través de novos acordos.

POLETIKA

Vigilancia y presión ciudadana para el cambio político

Poletika é unha plataforma de vixilancia e presión 2.0, formada por organizacións e movementos da sociedade civil. O seu obxectivo é facer presión aos partidos políticos para que as persoas estean no centro das políticas públicas.

CONTRA AS LEIS MORDAZA

No Somos Delito

'No somos delito' é unha plataforma cidadá conformada por máis de 100 organizacións de activistas, xuristas e movementos sociais que persegue a derogación das denominadas Leis Mordaza.