
Técnica da área de comunicación e sensibilización/incidencia social da Coordinadora Galega de ONGD
Buscamos unha persoa para o posto “Técnica da área de comunicación e sensibilización/incidencia social da Coordinadora Galega de ONGD”
ORGANIZACIÓN
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento é unha asociación que aglutina 43
ONGD socias que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia e a educación para cidadanía global. En xuño de 2021 cumprimos 30 anos.
As ONGD socias da Coordinadora representan a máis de 25.000 galegas e galegos que colaboran de forma directa dando apoio ao traballo solidario. Un labor que contribúe a mellorar as condicións de vida de miles de persoas que viven nos países do Sur Global e que as ONGD levan a cabo xunto a organizacións e institucións locais. Tamén, a fomentar unha sociedade galega crítica e comprometida co desenvolvemento humano e sostible e a xustiza social global.
A Coordinadora está formada por unha Asemblea Xeral composta polas 43 ONGD socias; unha Xunta Directiva formada por 10 persoas representantes das organizacións; e un equipo técnico formado por dúas persoas, unha persoa con perfil de técnica de proxectos, xestión e incidencia política e unha persoa encargada de administración. O equipo técnico precisa ser reforzado.
FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO
A persoa contratada adicará a súa xornada laboral á comunicación externa da Coordinadora así
como ao deseño e posta en marcha de actividades de incidencia social. As principais funcións que levará a cabo son:
COMUNICACIÓN:
- Funcións de gabinete de prensa (convocatorias e notas de prensa, relación con medios
de comunicación e xornalistas, xestión de intervencións públicas, consensuar mensaxes
e argumentarios, informes e memorias de actividades) - Actualización e mantemento das ferramentas de comunicación externa (páxina web,
boletín #GaliciaSolidaria e redes sociais)
SENSIBILIZACIÓN/INCIDENCIA SOCIAL:
- Deseño, formulación e xustificación de proxectos de incidencia social (Educación para a
Cidadanía Global) - Deseño de estratexias de incidencia social para cumprimento da planificación
estratéxica da Coordinadora - Deseño e execución de campañas propias e actividades de incidencia social.
- Organización de formacións, espazos de reflexión e xornadas vinculadas con este área.
*Outras: asesoramento puntual a ONGD, representar á Coordinadora en xornadas, formacións e reunións, etc e apoiar a outras áreas da organización cando sexa preciso.
PERFIL REQUERIDO
- Formación en comunicación e/ou experiencia de traballo no eido.
- Formación e/ou experiencia de traballo no ámbito da cooperación ao desenvolvemento
e na formulación e deseño, execución e xustificación de proxectos, particularmente
vinculados coa sensibilización/educación para a cidadanía global. - Idiomas: imprescindible galego nivel alto en expresión oral e escrita.
- Carnet de conducir e posibilidade de desprazamentos.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Experiencia nun posto similar.
Valorarase ademais contar con algún dos seguintes coñecementos/ experiencias:
- Nivel medio-alto de inglés en expresión oral e escrita.
- Formación e/ou experiencia no sector das ONGD / terceiro sector en Galicia.
- Formación en xénero e/ou vinculación cos movementos sociais (feminismo, ecoloxismo,
etc) e experiencia de voluntariado e/ou activismo. - Formación e/ou experiencia en coordinación e facilitación de grupos.
- Formación e/ou experiencia en deseño gráfico, edición de vídeos, etc.
CONDICIÓNS DA OFERTA DE TRABALLO
- Ubicación: Santiago de Compostela con flexibilidade horaria e opción de teletraballo
(requeriríase presencialidade en función da calendarización de actividades) - Incorporación: inmediata
- Xornada: 30 horas semanais (con opcións de ampliación)
- Salario e condicións segundo convenio laboral de acción e intervención social para
grupo 1 ( Salario Bruto mensual: 1.540 euros)
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
As persoas interesadas deben enviar o seu Currículum Vitae e adxuntar referencias ao correo
rrhh@galiciasolidaria.org indicando no asunto ‘Perfil_área_sensilización/comunicación’ e nome. O prazo estará aberto ata o día 27 de xaneiro (incluído).