Profesor/a de galego para persoas extranxeiras.

Convoca Movemento pola Paz Lugar Santiago de Compostela Fin de prazo 20/05/2022

CONVOCATORIA PRESTACIÓN DE SERVIZOS

REFERENCIA: 01/2022 PROFESOR/A GALEGO PARA PERSOAS EXTRANXEIRAS. Programa CURSO DE ESFORZO DE INTEGRACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

MPDL no seu afán por “Promover, divulgar, fomentar e amparar os principios universais que sustentan: a paz, o desarme, a liberdade, a convivencia entre os homes e mulleres e os pobos, no marco dos Dereitos Humanos internacionalmente reconocidos por NNUU”, desexa contratar unha prestación de servizos para …

POSTO:    PROFESOR/A GALEGO PARA PERSOAS EXTRANXEIRAS. Programa Curso de Esforzo de integración do Concello de Santiago de Compostela.

UBICACIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA

MISION DO POSTO: Apoiar ás persoas migrantes no seu proceso de integración social a través do ensino do galego.

Encargarase entre outras tarefas de:

  • Preparación e impartición dun curso de 30 horas de galego para as personas migrantes derivadas polo concello de Santiago.
  • Organización da programación das clases.
  • Preparación do material formativo, a utilizar tanto polo profesorado como polo alumnado.
  • Elaborar evaluación final de aproveitamento do curso por cada alumno/a.
  • Participar nas reunións de coordinación do equipo do MPDL e co Concello, de ser preciso.
  • Informar ao profesional responsable do MPDL de calquera incidencia que se produza no mesmo.

PERFIL:

Formación: Formación vinculada ó ensino do idioma.

Experiencia:

  • Mínima de 2 anos en educación de adultos.
  • Valorable experiencia de ensino do galego con poboación extranxeira.
  • Experiencia en movemento asociativo.

Informática: coñecemento a nivel usuario de Microsoft Office.

Xornada de traballo: 30 horas lectivas e 30 horas de programación do curso. A intensidade horaria será de 6 horas semanais, repartidas en 3 horas os luns e os mércores, en horario de mañá. A formación comezará a terceira semana de xuño e rematará a derradeira semana de xullo.

VALOR DA PRESTACIÓN: 900 euros. O custo dos materiais pedagóxicos será asumido polo MPDL.

Data límite recepción de Curriculum: 20/05/2022

NOTA: As personas interesadas deberán enviar a súa candidatura a s.fernandez@mpdl.org; indicando a seguinte REFERENCIA:  01/2022 PROFESOR/A GALEGO PARA PERSOAS EXTRANXEIRAS. Curso de esforzo de integración. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.