Persoal técnico de sensibilización e captación de fondos en Galicia

Convoca Fundación Vicente Ferrer Lugar Galicia Fin de prazo 07/08/2020

A Fundación Vicente Ferrer abre unha oferta de emprego para persoal técnico de sensibilización e captación de fondos en Galicia. A súa principais funcións serán:

  • Planificar e desenvolver accións de sensibilización en Galicia co apoio dos grupos de voluntariado e en coordinación coa coordinadora de sensibilización: obradoiro, actividades en centros educativos, charlas e conferencias, etc…
  • Acompañar e fortalecer os grupos de voluntariado presentes en A Coruña, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ferrol e Ourense, en coordinación co responsable de iniciativas.
  • Controlar o seguimento e a execución de subvencións que se desenvolvan con institucións públicas galegas e establecer contactos con elas.

Neste enlace>>> atoparedes máis información sobre o perfil requerido e as condicións laborais.

O prazo para presentar candidaturas remata o 7 de agosto.