Oferta para persoal expatriado no Salvador

Convoca Paz con Dignidad Lugar O Salvador Fin de prazo 23/10/2020

A ONG Paz con Dignidad abre unha oferta de emprego para personal técnico expatriado no Salvador para facer seguimento dos proxectos da organización en coordinación coas organizacións socias locais.

Algunhas das súas funcións serán formulación, seguimento e xustificación técnica e económica dos proxectos; identificación de novas socias locais, proxectos e sectores de intervención; redacción de novas e artigos sobre a situación e o traball no país; e participación en redes locais.

Neste enlace>>> atoparedes o perfil requerido e as condicións laborais. O prazo para presentar candidaturas remata o 23 de outubro.